O Concello pide “respecto” á ordenanza de medio ambiente ante a proliferación de carteis electorais de LN, BNG, Podemos, ACE e C,s

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, fixo un chamado para que os partidos políticos que concorren ás eleccións municipais respecten a ordenanza municipal de medio ambiente, ante a proliferación estes días de carteis electorais pegados en lugares indebidos de candidaturas como as de Lugonovo, BNG, Podemos, ACE e Ciudadanos. Entre outras localizacións, o Concello detectou que o edificio da antiga Cámara de Comercio está cheo de carteis de LN e Bloque; na Ronda da Muralla, de Podemos e ACE; e en Fontiñas, de C,s, un caso especialmente grave porque colocou carteis en guías de árbores.

Ademais de pedir civismo, Piñeiro asegurou que resulta “especialmente chamativo que precisamente os partidos chamados de esquerdas e os que foron máis belixerantes durante todo o mandato co ornato de Lugo e as súas zonas verdes, sexan os que as ensucien e danen”. “Uns partidos que din aspirar a gobernar deberían empezar por cumprir a normativa municipal”, engadiu.

Outro comportamento contradictorio entre e o que predica e como actúa é do de Ciudadanos, que celebrou dous actos electorais na vía pública sen pedir permiso ao Concello para poder facelo, o que vulnera a normativa municipal, ademais de solicitar verbalmente un local público do Concello para ofrecer unha rolda de prensa do grupo municipal, cando realmente celebrou unha reunión de campaña electoral.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mai 22, 2019 - 09:19 PM

    Ya , si todos tuvieran a su disposición las cabeceras de El Progreso , como de forma tan “desinteresada” tiene el PP , esto no seria necesario . Bien es cierto que hacer eso en un edificio , es ser un grafitero de imprenta .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo