" />

O Concello planifica os traballos para acondicionar a parcela onde irá o novo CEIP do Sagrado Corazón

O edil de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, desprazábase onte ata a parcela na que se construirá o novo Ceip do Sagrado Corazón para concretar cos responsables das actuacións por parte do colexio, da empresa adxudicataria e dos servizos municipais, os detalles da obra de urbanización para acondicionar o predio.

O concelleiro adiantou que os traballos, que comezarán a última semana de febreiro “para adecuarse no tempo á apertura do centro na data prevista, garantirán que os terreos nos que se constrúa o colexio estean dotados das infraestruturas adecuadas para poder prestar o servizo educativo nas mellores condicións”.

Couto explicou que, “de acordo ao conveniado coa Xunta, acometerase a creación de beirarrúas que comuniquen a escola coas vías da contorna como son Venancio Senra, Pradairo ou Nogueira. Ademais, co fin de que as instalacións poidan dispor de iluminación e subministración de auga procederase a crear as conexións oportunas coas redes de abastecemento, saneamento e sumidoiros”.

O responsable de Urbanismo indicou igualmente que se contempla a execución da obra civil necesaria para soterrar o cableado, eliminando os postes existentes na actualidade. “A canalización executarase a través da beirarrúa, creando as arquetas que sexa preciso, ademais de pavimentar a calzada cunha capa de zahorra e dúas de mezcla de bituminosa en quente o que redundará na súa boa conservación. Así mesmo, procederase ao pintado e repintado dos pasos de peóns, paradas de bus e liñas de limitación de carril e se instalará a sinalización vertical agora existente”, relatou Miguel Couto.

O edil lembrou que os traballos, licitados en 53.897 euros, disporán un prazo de execución de tres meses. “Comezarase pola demolición, replanteo e execución de servizos para, posteriormente, executar a maior parte da beirarrúa, concretamente ata a entrada destinada a automóbiles, aínda que esta fronte se realizará posteriormente cando xa non se prevea o acceso de vehículos pesados de obra á parcela, para evitar o deterioro do novo firme”.

Miguel Couto puxo de manifesto o compromiso constante do goberno de Lara Méndez por axilizar a tramitación dos asuntos de interese xeral que, en materia de competencias, o Concello comparte co executivo galego ao que, recordou, neste caso lle foron cedidos ao redor de 20.000 metros cadrados de superficie para proceder á construción do  inmoble, xa acordada durante o mandato anterior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo