" />

O Concello potencia o Camiño Primitivo entre a mocidade coa programación de rutas a pé

A área de Xuventude potenciará en 2020 o Camiño Primitivo entre a mocidade lucense cunha programación específica de roteiros a pé polas distintas etapas que atravesan a provincia.

A primeira destas andainas terá lugar este mesmo sábado, día 15 de febreiro cun paseo de 14 kms e dificultade moderada entre o Porto do Acebo e A Fonsagrada.

“As persoas interesadas en participar terán que acudir ás 9:00 da mañá á Casa da  Xuventude e volverán, ao mesmo punto, sobre as 19:15 horas. Deberán ir equipadas con botas de montaña, roupa cómoda, mochila, bastóns de trekking, gorra, protector solar, lentes de sol e xantar”, informou a edil Ana González Abelleira.

As seguintes camiñadas terán lugar os días 7 e 28 de marzo e tamén, nunha data aínda por determinar, en abril; tres xornadas nas que se pecorrerán as distancias de A Fonsagrada – A Lastra (18 km), A Lastra – Castroverde (17 km) e Castroverde – Casa da Xuventude de Lugo (24 km), respectivamente.

“Ademais, para o 9 e 10 de maio preparamos un fin de semana no Courel onde os asistentes pasarán noite no albergue de A Seara e desfrutarán dunha experiencia de observación estelar nocturna e dunha ascensión ao pico Pía Páxaro”, avanzou a concelleira.

Esta programación, que é gratuíta, rematará o día 20 de xuño cun percorrido de 14’7 km e dificultade media, cunha ruta de natureza e cultural polo canón do Río Sil.

En cada excursión haberá dispoñibles 35 prazas para rapazas e rapaces de entre 14 e 35 anos. O prazo para anotarse na Casa da Xuventude (rúa Xesús Bal e Gay) remata o día anterior á celebración do roteiro e, en cada unha destas saídas, os asistentes irán acompañados de monitores que, ademais de encargarse do seu coidado, exercerán de guías culturais achegándolles diversa información sobre a zona que se visita.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo