O Concello presenta a terceira edición do Trail Lucus Moutain

Sairá das costas do parque -en concreto da pista de patinaxe de Vila de Foz- ás 9:30 horas e terá un percorrido de 24 quilómetros para, a continuación, ás 10:30 horas, partir outra competición que, cun percorrido de 16 quilómetros, transcorrerá polo Monte Penarrubia. Así é a nova edición do Trail Lucus Mountain, que o Concello de Lugo vén de presentar e quer terá luga ro vindeiro domingo 8 de decembro.

 

O itinerario baixará a Calzada Romana para coller o paseo do Miño en dirección Pena Loura e regresar a Lugo. De volta, contará co aliciente dunha proba de cronoescalada dende o inicio da Calzada Romana e Costas do Parque ata facer meta no mesmo lugar de saída.

 

Todos os participantes terán avituallamento líquido, sólido e isotónico no seu paso pola antena de Pena Loura e en meta. Ademais, haberá trofeos e medallas para categorías masculinas e femininas así como camiseta técnica para todos os rexistrados.  Ao finalizar a entrega de trofeos haberá un sorteo de material técnico da tenda Ndorfina Sports entre todos os asistentes.

 

As inscricións estarán abertas na propia web do evento www.lucusmountain.com ou en  www.championchipnorte.com ata o mércores 4 de decembro.

 

Dende o Concello de Lugo e a área de Deportes, colaborador da proba, convidan a toda a cidadanía a asistir ao evento no que se agarda unha participación superior aos 350 deportistas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    @Donatelo
    Dec 02, 2019 - 02:30 PM

    Que bien, que reconozcan circular por Lugo ciudad como deporte de riesgo https://t.co/1JtnRj5Ja5

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo