O Concello presenta novo material educativo da campaña ‘Desconecta’ de prevención da drogadicción

A Concellería de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, presentou esta maña o novo material para traballar en clase, visual e con presentación lúdica, destinado a actuar sobre os perigos das drogas con e sen substancia nas etapas de primaria e secundaria. “Un dos obxectivos principais destes novos recursos é precisamente a prevención e sensibilización”, destacou a edil.

Por unha banda está o material de primaria, composto de 3 unidades temáticas para traballar cada unha nunha respectiva sesión. Estas unidades están acompañadas dun par de tablets de escritura –para as dinámicas-, e uns bolígrafos que se entregan na primeira sesión.

Por outra banda, o material de secundaria/BAC, que son 3 folletos en cor con ilustracións do deseñador Leandro Barea. Unha trata sobre o xogo (salas de apostas e casas de xogo), outra sobre o móbil e o seu uso e abuso, e unha terceira sobre o consumo das drogas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com