" />

O Concello presenta os ‘Infobuses Virtuais’ que informará en tempo real do bus urbano

O Goberno local vén de anunciar que todas as paradas de bus contan con sistemas de información en tempo real da situación das liñas. Rubén Arroxo explicou que “ademais das pantallas informativas instaladas en máis de 20 paradas, e das pantallas do interior dos buses, poderemos contar con información en tempo real en cada unha das paradas”.

Para acceder a este sistema, deberase escanear o código QR habilitado en cada un dos infobuses, que abrirá unha páxina coa información en tempo real da parada. O Tenente de Alcalde destacou que “todas as persoas que queiran usar o bus urbano poderán saber canto tempo falta para que chegue a seguinte liña desde calquera parada da cidade”.

O sistema de seguimento en tempo real entrou en funcionamento xunto coas novas liñas, o día 1. Tanto as novas pantallas informativas, que dan información en tempo real, como o sistema de infobus virtual están xa a informar sobre o paso dos vindeiros buses, e co paso dos días mellorarase a precisión da información ofrecida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo