O Concello propón unha pasarela para mellorar o acceso ao Centro de Saúde de San Roque

Segundo os responsabeis, trátase dunha proposta que permitirá mellorar a accesibilidade ao centro sanitario dende as rúa Primavera e Peña Anda.

A solución que se plantexa consiste na creación dunha pasarela que una o comenzo da rampla que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata da rúa Primavera, pasando por riba da entrada do carril do Xuízo. A obra, como non podería ser doutro xeito,cumpriría con todas as normativas vixentes, no tocante á accesibilidade e ao paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela proposta terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros.

A actuación está vinculada “á mellora integral da mobilidade e da accesibilidade que se está a facer na zona”. Subliñaron. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com