O Concello proporciona material e formación sobre rescates en altura aos bombeiros de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou onte venres os diplomas aos 30 bombeiros de Lugo que realizaron un curso sobre rescates en altura ao longo da primavera. O Concello fixo unha achega económica de 7.200 euros para este curso, que foi impartido por monitores especializados da Asociación Sociocultural de Bombeiros de Galicia,  que explicaron aos efetivos lugueses a lexislación vixente de rescate en altura, ademais do material a utilizar nestas saídas e na súa aplicación, as técnicas de base, e as manobras de ascenso, descenso e aseguranza, aspectos nos que se basou a parte práctica deste curso.

Así mesmo, o Concello adquiriu unha camilla que permite o traslado de  vítimas en calquera posición e 6 cordas de rescate en altura, 4 de 50 metros e 2 de 100 metros, por uns 6.000 euros. O material presentouse ao longo do acto de entrega de diplomas, onda a rexedora afirmou que “coa dotación e formación que gañan os bombeiros, a cidadanía gaña en seguridade”. Este material súmase á adquisición dun camión escada de 42 metros, o que garante a evacuación de calquera edificio da cidade, no que fixo un investimento de 1 millón de euros, así como actuacións de mellora ás que destinou 130.000 euros para acondicionar a torre de prácticas, instalar extractores de gases nos camións e adquirir un armario para as recargas de botellas dos equipamentos de respiración

Lara Méndez tamén subliñou o compromiso do Goberno para incrementar o cadro de persoal dos bombeiros. Na Oferta de Emprego Público do 2016 sacaranse 6 prazas, que sumadas ás 6 do 2015 (ocupadas por interinos), son 12 prazas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com