" />

O Concello reformará o Fogar do Transeúnte ampliando prazas e espazos

A Concellería de Benestar Inclusión e Maiores do Concello de Lugo reformará o  Fogar do Transeúnte. O centro, que se ubica na rúa Deputación, disporá con esta reforma de 28 prazas para dormir.

“Con esta mellora, o Fogar do Transeúnte ampliará o aforo e dará cabida aos usuarios coas garantías de protección e os espazos de seguridade necesarios” declarou Olga López, concelleira de Benestar.

As obras, cun orzamento de 39.000 euros, dotaran  en primeiro lugar de comunicar o acceso actual da planta primeira  coa planta baixa mediante a demolición do tabique de separación (que actualmente aparece tapiado) entre o comedor principal e a caixa de  escaleiras do edificio. Na planta primeira óptase pola execución dunha unidade hixiénica completa composta por un inodoro e unha ducha e outra unidade hixiénica composta unicamente por un inodoro, a ambas estancias se accede a través dun espazo no que se colocarán dous lavabos.

Prevese a colocación dun pavimento novo no conxunto da planta primeira. Decidese intervir a maiores, na actual dependencia dedicada a Sala de estar instalando unha unidade hixiénica con dou inodoros, dúas duchas e dous lavabos; e de igual xeito se realiza un cuarto para a lavandería do Fogar do Transeúnte trasladándoa da súa ubicación actual na que comparte espazo coa sala de calefacción do edificio.

Asemade prevese o pintado completo da planta alta, incluída a caixa da escaleira así como o pintado completo da planta baixa salvo as seguintes dependencias: O almacén, os baños non afectados polas obras, a cociña e o cuarto de calefacción. A cor dos paramentos verticais será en gris perla a definir en obra, os teitos en branco e as carpinterías e portas en branco. Os zócalos serán pintados en cor branco.

Execución dun novo tabique divisorio na planta alta co fin de dividir unha estancia en dúas, trátase da antiga sala adicada a ximnasio, para o que será necesario o levantado da tarima de madeira existente e o peche dunha das portas centrais de acceso a esta sala.

Co fin de adaptar certas estancias e as unidades hixiénicas á normativa de accesibilidade, considérase necesario proceder ao cambio de portas así como ampliación dos ocos destas, as novas follas deberán ter un paso mínimo de 80 cm. afectando a estancias da planta baixa, de dous dormitorios e dous aseos e na planta alta en dous aseos

Deberá adaptarse a instalación eléctrica aos novos espazos, para o que será necesario o conexionado das novas unidades hixiénicas así como dos novos dormitorios e a lavandería, xa que deberán ter instalacións de alumeado segundo a nova distribución de espazos, ubicando os mecanismos nos puntos de acceso ás estancias, tal e como se sinala na documentación gráfica.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo