O concello reforzará o servizo de limpeza pola festa da Carballeira

O Concello de Lugo pon en marcha un dispositivo especial con motivo da celebración da festa da Carballeira, que terá lugar mañá mércores. O operativo de limpeza estará formado por 20 operarios, 5 condutores, 13 peóns e 2 maquinistas, así como por 11 máquinas en total, tanto de baldeo mixto como de baldeo mecánico, camións satélite, recolector, hidrolimpadora, motocarro, furgón porter, furgón de mantemento e varredoras. Este servizo de limpeza, que prestará especial atención á ruta de subida dende a Carballeira ao centro, prevé ter a zona totalmente limpa ás 12 da mañá do xoves.

No tocante á seguridade, a Policía Local despregará un servizo integrado por dúas Unidades Móbiles que permanecerán nas inmediacións da celebración. O Xefe de quenda estará coordinado coa Policía Nacional, que tamén ofrecerá servizo en dito lugar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo