" />

O Concello remata unha nova fase do plan de colmado de tráfico nos entornos escolares

O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou, xunto co edil de Educación, Felipe Rivas a rúa Angelo Colocci, onde nas últimas semanas se colocaron pasos de peóns elevados, enmarcados no plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que a área de Mobilidade está a realizar nos últimos meses. Segundo Rubén Arroxo, , “a maiores realizáronse tamén nos entornos dos colexios Rosalía, Illa Verde e Paradai”.

O Tenente de Alcalde explicou que realizaron “oito pasos de peóns elevados nas rúas Roi Xordo, Angelo Coclocci, Alexandre Bóveda Galiza, e Mariña Española”. Modificáronse tamén estes pasos “para aumentar a seguridade e a accesibilidade das veciñas e veciños”, segundo explicou Rubén Arroxo, que explicou que “na rúa Roi Xordo, o paso de peóns trasladouse a un punto máis cercano á porta do centro, no canto da curva onde estaba ata o inicio da actuación, para gañar en visibilidade”.

Na Rúa Galiza realizáronse actuacións para aumentar a accesibilidade, na rúa Mariña Española prolongouse a beirarrúa na entrada secundaria, reducindo a lonxitude do paso de peóns e aumentando a seguridade do entorno, ademais creouse un refuxio de peóns no paso diante do centro educativo para dispoñer dun cruce máis seguro evitando o xiro de vehículos no propio paso de peóns.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo