O Concello retoma nestes meses de agosto e setembro as rutas pola Ribeira Sacra e a fin de semana no Courel

A área de Xuventude retoma nestes meses de agosto e setembro, a ruta pola Ribeira Sacra e a fin de semana no Courel, aprazadas polo Covid, enmarcadas dentro das actividades para a mocidade activa do primeiro semestre do ano.

Concretamente, o Concello organiza o sábado, 22 de agosto, a ruta pola Ribeira Sacra do Sil, unha ruta de natureza e tamén cultural, polo canón do río Sil (Maquino Largaño). Ten unha dificultade media, ao achegarse aos preto de 15 quilómetros. Trátase dunha actividade para gozar da sempre espectacular Ribeira Sacra, sen dúbida, unha das zonas máis importantes de Galicia polo seu patrimonio natural, etnográfico, xeolóxico e cultural.

Para a fin de semana do 12 e 13 de setembro, o Concello propón unha ruta de observación estelar no Courel. Os mozos e mozas participantes partirán ao serán desde o albergue de A Seara para realizar unha curta ruta nocturna. O obxectivo desta actividade será a observación estelar, identificación de constelacións e astros. Os/as participantes recibirán unha breve formación sobre a materia. Ao día seguinte, o 13 de setembro realizarase a ascensión ao pico Pía Páxaro, unha das rutas máis espectaculares do Courel. Trátase dunha ruta circular que percorre algúns dos paraxes máis espectaculares da serra destacando a Lagoa da Lucenza e as fervenzas do Fócaro e de Navaregas.

Esta actividade está suxeita ás posibles restriccións e limitacións impostas polas medidas de prevención derivadas do Covid. Tanto o límite de participación como as actividades a realizar pódense ver modificadas en función das limitación existentes nas datas sinaladas. En caso da imposibilidade de dispor do albergue de A Seara, a actividade a realizar será de unha sola xornada con saída e volta a Lugo no mesmo dia.

Os mozos e mozas interesados en participar xa poden facer as súas inscricións, de xeito provisional, a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada actividade, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)

Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)

Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes

E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

O punto de partida e de chegada é a Casa da Xuventude.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com