" />

O Concello saca a contratación o servizo de comida no fogar

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá sacar a contratación o servizo de comida no fogar por un importe de 126.024 euros. A duración deste contrato será por un período de dous anos e poderá ser obxecto de prórroga por períodos máximos anuais, sen exceder de catro anos, tal e como explicou o Voceiro municipal, Miguel Fernández, quen sinalou que con este contrato se estima servir un 21.360 menús ao ano e aboaranse os efectivamente realizados.

Asemade, na sesión deste mércores, deuse luz verde ás prorrogas dos contratos para a vixilancia no Parque da Milagrosa, dende o 1 de decembro de 2016 ata o 30 de novembro de 2017, por un importe anual de 195.639,03 euros; o servizo de produción, apertura e vixilancia para a execución de espectáculos e actividades no Auditorio Municipal Gustavo Freire, entre o 1 de xaneiro e o 16 de xuño de 2017, por un prezo anual revisado de 82.363,18; e as actividades extraescolares nos colexios dentro do programa Unha escola aberta, que se realizarán dende o 1 de xaneiro e ata o 23 de marzo de 2017.

Ademais, desestimouse o recurso de reposición interposto contra o acordo polo que se aprobaba a contratación dos traballos necesarios para a elaboración dos mapas de nesidade e risco de inundación necesarios para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo. Anteriormente xa se desestimara a paralización deste procedemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo