O Concello tramita a licenza para que o IGVS mellore a seguridade estrutural do Pazo de Dona Urraca

A área de Urbanismo do Concello de Lugo vén de tramitar, en 21 días, a licenza para que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) mellore a seguridade estrutural do Pazo de Dona Urraca, logo de que o organismo autonómico presentase unha solicitude ao respecto o pasado 19 de decembro.

A intervención, iniciada xa durante a semana pasada pola Xunta de Galicia, consistirá, entre outras medidas, no apuntalamento de vigas e apeo da fachada suroeste da edificación, na execución de dormentes de formigón armado, na disposición de elementos sutentantes de aceiro laminado así como na instalación dun canlón provisional de recollida de augas pluviais. Os traballos, que se poderán desenvolver nun prazo máximo de 9 meses, terán un custo de 13.971’15 euros.

Tamén, relacionado coa administración autonómica, o equipo de goberno aprobaba o parcelamento dun predio de 16.096 m² do Polígono das Gándaras, en dúas superficies, unha delas de 11.000 m² e a outra de 5.096 m², ámbalas dúas cun coeficiente de edificabilidade de 1 m²/ m².

Do mesmo xeito deuse o visto bo ao Obispado para que proceda á cubrición do patio de acceso ao polideportivo da súa propiedade sito nas instalacións do Seminario, logo de que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitise o pasado 4 de decembro o seu informe favorable á actuación. Unha obra que conta cun presuposto de 48.400 euros e un prazo de execución dun ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com