O coronavirus da unha tregua á provincia

A provincia de Lugo vén de rexistras nas últimas horas un descenso leve no número de casos activos de Covid19. Esto débese a que o número de altas médicas superou, na xornada de onte, aos novos positivos rexistrados. En cifras, mentres 26 persoas daban positivo nas PCR realizadas, outras 48 recibían a alta médica.

Un rexistro esperanzador que sitúa o número total de casos activos en 963, 20 menos que na xornada anterior. Con todo, continúa a haber malas noticias. No tocante á presión hospitalaria sufriu un aumento de ingresos, chegando ás 36 hospitalizacións (tres máis que onte), das cales 5 se rexistran en UCI; segundo rexistra o Sergas na súa páxina web.

A pandemia do coronavirus cobrouse xa na nosa provincia 99 vidas; a última, no día de onte, un home de 79 anos que falecía na súa vivenda. Pola contra, un total de 3.436 persoas superaron con éxito a enfermidade.

En canto ao coñecido como semáforo covid – que clasifica por cores os concellos segundo a incidencia de casos-, Burela sube a alerta vermella, mentres que A Fonsagrada descende ata a laranxa. O resto de concellos continúa co mesmo nivel de alerta: Lugo, Cervo, Monforte e Viveiro, en vermello; Bóveda e Cospeito, en laranxa; e Foz, Palas de Rei, Monterroso, Guntín, Sarria e Chantada manteñen a alerta amarela. Os demáis concellos da provincia están en nivel 0 de alerta -o verde- ao rexistrar menos de 7 casos totais.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com