O Courel celebra este sábado a II Festa da Cantarela

Este sábado celébrase a II Festa da Cantarela en Paderne do Courel, un acto festivo de exaltación deste cogomelo, que conta cun gran valor comercial e gastronómico. A USC e o executivo provincial organizan esta cita para dar a coñecer as posibilidades económicas, medioambientais e turísticas das montañas do Courel. Durante a xornada farase unha degustación de tapas feitas con cantarelas a cargo de Héctor López, cociñeiro do Restaurante España de Lugo.

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, explicou que “este cogomelo atópase sobre todo en soutos, sendo parte da gran biodiversidade deste tipo de monte autóctono. Temos que dar a coñecer os recursos que temos e que poden servir de atractivos turísticos e gastronómicos durante todo o ano, xa que as setas existen máis alá do outono”.

Previamente a esta festa a USC organizou un concurso de fotografía que versou sobre As cantarelas e as paisaxes de montaña. As obras participantes estarán expostas na Casa do Concello de Folgoso do Courel e na Estación Científica do Courel.

Programa

-10:30 horas: Ruta guiada por itinerarios naturais da contorna. Saída dende o centro de Paderne (aira do Quintairo).

-13:00 – 13:30 horas: Inauguración amenizada con música popular.

– 13:30 horas: Degustación popular de tapas elaboradas con cantarelas preparadas nas casas rurais do lugar e polo chef Héctor López do restaurante España de Lugo.

– 15:00 – 17:00 horas: Tempo amenizado con música e xogos tradicionais.

– 17:00 horas: Entrega de premios do concurso fotográfico: “As cantarelas e as paisaxes de montaña”. Sorteo de rifas e entrega de agasallos.

– 17:30 horas: Charla divulgativa e elaboración en directo ao aire libre de distintos pratos con cantarelas, a cargo do chef Héctor López.

– 19:00 horas: Clausura da Festa

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo