" />

O Día das Letras Galegas, en Xordania

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, celebrou o Día das Letras Galegas á beira do Mar Morto, en Xordania, no decurso dunha viaxe cultural na que participaron 66 lucenses.

O xornalista Xulio Xiz, membro desta Asociación, na súa intervención, fixo historia do Día das Letras desde a súa creación en 1963, ata o momento actual, subliñando os especiais méritos de María Victoria Moreno, explicando o especial fenómeno dos “Alófonos” – autores de fóra que escribiron en galego- para chegar á declaración que a homenaxeada fixo en 1993 no Congreso dos autores de fóra celebrado en Compostela, onde María Victoria indicaba que non se consideraba alófona senón protagonista “dunha amorosa autofonía”, e a súa relación con Galicia e a lingua era, simplemente, “unha historia de amor”.

A celebración culminou co canto do Himno galego por parte de todos os presentes.

Esta conmemoración na distancia ten como antecedente a que en 2015 fixo esta Asociación en Rumanía, lembrando a especial figura de Manuel María no seu ano.

Na foto, os expedicionarios lucenses diante da fachada de O tesouro, en Petra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo