O director xeral do Club Deportivo Lugo, amosa o malestar dos directivos da entidade, polo proceso de venda das accións da Deputación e o Concello de Lugo

Na axenda deportiva para esta fin de semana, o Prone Lugo enfrontarase mañá as seis da tarde no Pabellón Municipal ao Inter Movistar.

Pola súa banda, Club Deportivo Lugo recibe ao Recreativo de Huelva, a tres puntos do descenso e con varias baixas.

O director xeral do CD Lugo, Carlos Mouriz, fixo visible este xoves o malestar dos directivos da entidade, polo proceso de venda das accións da Deputación e o Concello de Lugo.

Mouriz criticou en rolda de prensa, tanto a actuación das institucións como do empresario Tino Saqués, que se fixo finalmente co paquete de accións.

Sinalou que Saqués quixo desfacerse da súa participación hai meses. Dixo tamén, que houbo dúbidas legais no consello pola oferta, xa que a empresa do lucense “non ten no seu obxecto social a tenza de accións dunha sociedade anónima deportiva”.

Explicou, asemade, que Tino Saqués renunciou a seguir xestionando a bancada sur, a pesar de que asinou no seu día un acordo que o comprometía a facelo ata 2017. Na práctica, esto significa que o club farase cargo a partir de agora da explotación desta bancada, colocada de modo provisional para ampliar o aforamento do Ángel Carro.

Esta mañá, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, defendeu unha vez máis a legalidade do proceso de enaxenación das accións do clube.

@CDeportivoLugo
Escoitámolo:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com