" />

O domingo 19 terá lugar a XXVII edición da Festa da Malla de Meira

A delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XXVII edición da Festa da Malla, que se celebrará o vindeiro domingo 19 de agosto en Meira.  No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Meira, Antonio de Dios; o presidente da Asociación de Amigos da Malla, Manuel Pardo,  e o vogal deste colectivo Manuel Ferreiro.

Balseiro subliñou o apoio da Xunta a esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, “unha das máis singulares de cantas se celebran na provincia”. A festa, segundo indicaron os organizadores, “intenta conservar todas as tradicións e revivir a malla tal e como se vivía nas casas”, incluíndo  a construción da meda e empregando maquinaria de distintas épocas, algunha case centenaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo