O edificio “ Impulso Verde” acollerá as oficinas Evislusa a empresa municipal de vivenda e solo

O edificio “Impulso Verde”, situado na Garaballa, acollerá dende este ano as oficinas da empresa municipal de vivenda e solo de Lugo, Evislusa, que trasladará a súa sede do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a este pioneiro inmoble construído no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico. Así o avanzou este xoves a alcaldesa, Paula Alvarellos, quen explicou que “nas vindeiras semanas iniciarase o traslado coa idea de que antes do verán o persoal de Evislusa xa poida estar plenamente operativo nestas modernas instalacións”. Neste senso, Alvarellos explicou que a decisión de desprazar este servizo ao Impulso Verde xa lle foi comunicada persoalmente aos traballadores e traballadoras. Dende que a nova alcaldesa tomou posesión, un dos asuntos que valorou –a través de reunións cos diferentes departamentos municipais– foi que o servizo, polas necesidades de espazo e a idoneidade se adaptaba ao citado edificio.

Deste xeito, a alcaldesa detallou que “na planta baixa permanecerá a exposición sobre o proxecto LIFE e o proceso construtivo do edificio, tal e como está configurada actualmente, ao tempo que compatibilizará nesta e na primeira planta o uso como sede da Empresa de Vivenda e Solo; mentres que o segundo andar albergará unha das iniciativas vinculadas ao Plan de Sostibilidade Turística – para o que acadamos 2 millóns de euros de financiación europea–, que consistirá nunha lanzadeira emprendedora cuxo obxectivo é dar impulso a proxectos innovadores, no sector turístico.

Finalmente a planta alta reservarase para a celebración de actos ou eventos”, sinalou. O feito de que o edificio conte con dúas entradas independentes facilitará o uso compartido das instalacións, que seguirán mantendo, así mesmo, a súa función divulgativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com