O Emevé segue crendo

O Club Voleibol Emevé non baixa os brazos e segue crendo na opción da salvación do seu conxunto feminino e do ascenso do masculino, así como grandes éxitos da #policanteira como chaman á canteira do equipo lucense.

O sábado é o gran día para todos. As pupilas de José Valle viaxarán a Barcelona para medirse ao seu rival máis próximo na táboa do DSV CV Sant Cugat e ao que deben vencer para seguir con opcións de manter a praza. O sábado ás 16.30 horas, no Pavillón Municipal de Valldoreix, viviras un enfrontamento marcado pola obrigatoriedade dos conxuntos de gañar, mantendo un bon xogo para que esto se cumpra.

As lucenses que conservan un bon xogo nos seus partidos, pero que pola súa baixa experiencia non saben terminalos, viacan con forzas e ganas para traer os tres puntos para casa e seguir soñando con ter unha praza a tempada vindeira na máxima categoría.  O conxunto lucense faráo partido a partido e crendo no podería de cada xogadora. José Valle pode optar para o septeto inicial con María Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Eugenia Nosach, Natalia Aispurúa, Irene Yáñez e Eliana González (Líbero). Como reservas iránAlba Pizarro, Tea Andri’c, Aitana Fernández, Carmen Saá e María Aguiar.

Por outra banda, os rapaces de Diego Taboada xogan na casa, o sábado ás 17.00 horas no Pavillón Municipal contra o conxunto galego Vitaldent Santiago CV Bruxas. Partindo como favoritos, os lucenses teñen que seguir co seu bon xogo para intentar manter o título de invencíbeis na liga e, con iso, seguir primeiros na clasificatoria. Os de Ames, virán con gañas de arañar algún punto e levalo á capital para seguir con opcións de manterse na Superliga 2 Masculina.

O posible septeto inicial de Diego Taboada podería ser o encabezado por Pablo Villar, Pedro Sánchez, Victor Bouza,
Chema Giménez, Anass Anzaui, Manuel Blanco e Mario Dovale (Líbero). Como reservas poderían ir Jordi Herrero, Adrián García, Guillermo Avendaño, Antonio Mondejar e Rubén García.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com