O Espazo Permacultural de Reque acollerá obradoiros sobre manexo de terras, bioconstrución ou aproveitamento enerxético

Esta mañá presentouse a programación que se desenvolverá ao longo do ano no Espazo Permacultural Lugar de Reque que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove en Reque, no paseo do río Rato, na contorna do centro de cestería.

Trátase dunha axenda de actividades formativas e lúdicas que, segundo explicou o deputado de Artesanía e Deseño, “permitirán, por un lado, mostrar os principios e técnicas da permacultura ás persoas participantes, por outro, ir implementando o deseño de permacultura previsto para os terreos e mellorar as características construtivas do taller de cestería”.

O coordinador da programación, o permacultor Alexandre Grande Babarro, sinalou “que as actividades se organizaron atendendo aos diferentes ámbitos de aplicación da permacultura (saúde, tecnoloxía, manexo da terra, construción, economía, educación e comunidade) e procurando unha liña de aprendizaxe constante para facilitar para que as persoas interesadas poidan participar en varias das actividades propostas e obter unha visión global da permacultura”.

Entre as actividades previstas, figuran actividades formativas de carácter básico e de aplicación doméstica, como poder ser obradoiros de cosmética natural, alimentación consciente ou de espiral de aromáticas. E propostas de carácter máis técnico, como os curso de agricultura rexenerativa, estufas de barro ou bioconstrución, orientadas ás persoas interesadas en aplicar estas técnicas nos seus contextos familiares ou mesmo profesionais.

Ademais, impulsaranse propostas lúdicas, abertas a toda a cidadanía, como un festival ecofamiliar, previsto para o periodo estival, ou unha feira de economía social, con producións artesás e ecolóxicas, que se desenvolverá no mes de setembro.

Esta programación permacultural primeira das actividades previstas é unha xornada de poda e renovación das plantacións de vimbio que medran na finca que se desenvolverá o vindeiro sábado, 22 de xaneiro. Trátase dunha xornada pensada para cesteiras e cesteiros profesionais e afeccionados, e tamén colectivos educativos ou sociais que interesados no vimbio e nas súas aplicacións e no contacto coa natureza.

A formación, que combinará nocións teóricas e práctica, desenvolverase en dúas quendas, de mañá (10.00 horas -13.30 horas ) e tarde (15.00 a 18.30). As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente a través do correo lugardereque@deputacionlugo.org ou do teléfono 681 01 35 23.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com