O estudantado bótase á rúa en contra da Lomce

Centos de estudantes percorreron este mediodía a Rolda da Muralla para pedir a “derogación completa” da Lomce e tamén do chamado decreto “tres máis dous”, que permite reducir a duración dos graos universitarios e ampliar a dos másters.

A manifestación trascorreu dende a Praza Horta do Seminario e finalizou coa lectura dun manifesto ás portas do edificio multiusos da Xunta. A xornada de protesta incluíu tamén paros no ensino medio e superior. Con todo, os convocantes non facilitaron aínda datos acerca do seguemento da folga.

Para a voceira da asociación estudantil Erguer, Iria Buide, o feito de que o Congreso dos deputados acordase a paralización da lei “é ficticio” e “non abonda”.

Buide solicita a derogación total do texto por entender que “precariza o ensino público, dálles axudas aos centros concertados e privados e busca crear man de obra en vez de persoas que pensen por si mesmas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com