O ex-mozo de Tatiana, detido por “denuncias de maltrato” e non por asasinato

O cidadán senegalés de 31 anos ex-mozo da muller asasinada o pasado sábado en Lugo permanece detido tras ser denunciado por presuntos malos tratos e non está acusado dun delito de asasinato.

Así o aseguraba esta mañá o subdelegado do Goberno en Lugo en funcións, Ramón Carballo, que sinalaba que ditas denuncias por malos tratos foran realizados por “familiares e amigos” de Tatiana Vázquez nas últimas semanas.

A este respecto, Carballo sinala que “ningunha hipótese está descartada” en torno a este crime e apuntaba que se están a analizar tanto os teléfonos móbiles da vítima como os da súa exparella, así como outras probas científicas recabadas tanto no vehículo onde apareceu acoitelada Tatiana como no domicilio do cidadán senegalés. O subdelegado do Goberno en Lugo en funcións tampouco descartaba que no asasinato da moza participase máis dunha persoa. En todo caso si recoñeceu que se produciu un “ensañamento terrible” coa vítima que será un agravante máis no caso de que se chegue a determinar quen foi o autor ou autores do crime

Unha vez se coñezan os resultados das probas científicas o detido pasará a disposición xudicial. Segundo fontes consultadas por XornaldeLugo non se espera que a ex-parella de Tatiana declare perante o xuíz durante o día de hoxe senón en vindeiras xornadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo