O GMPP acusa ao PSOE de non instalar o alumeado público no paseo do Rato

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, pregunta a alcaldesa “cando ten pensado acometer esta actuación xa que hai  pouco máis dun ano (20 de maio de 2015) que se aprobou en, xunta de goberno e fóra da orde do día, un convenio coa Deputación para instalar o alumeado público no parque do Rato”. O vicevoceiro do PP destacou que foi Lara Méndez “sendo vicepresidenta da Deputación a que asinou este compromiso en plena campaña electoral das municipais” lamentado que “as présas que tiveron daquela non se concretasen, e que o proxecto de iluminación sega no aire”. O edil do PP referíase á presentación do proxecto con que se fixo “por todo o alto”  na casa do concello na que “non faltou o mínimo detalle con cartelóns explicativos dunha actuación que nin tan sequera foron quen de iniciar”. En total os socialistas  anunciaron a colocación de 282 luminarias (143 luminarias, 3 proxectores no paseo e 103 no vial) nun trayecto de 7 quilómetros por un importe de 1,4 euros.

Antonio Ameijide insiste en que se trata dunha intervención “moi demandada polos lucenses” e que o PP a reclamou ata en tres ocasións en pleno. “A primeira foi en decembro de 2011 e non saíu adiante ao rexeitala tanto o PSOE como o BNG;  a segunda iniciativa de setembro de 2014 e  a terceira proposición de febreiro de 2015 si se aprobaron co apoio dos votos do BNG” lembrou Ameijide.

Á vista da inacción dos socialistas e do reiterado incumprimento dos acordos de pleno dende o Grupo Popular esixen ao goberno de Lara Méndez que tome unha decisión e que se materialice o convenio coa Deputación para instalar o alumeado público do paseo do Rato así como  outras actuacións de mellora desta zona de esparcemento.

Con respecto ao firme da estrada que rodea o paseo é necesaria a súa repavimentación “tamén prometida, dende hai anos, pola Deputación”. “Neste momento o firme presenta un estado de desgaste moi acusado, con socavóns e blandóns, provocando problemas de falla de agarre e deslizamentos dos vehículos”, indicou Ameijide. O concelleiro popular urxe a que se acometa esta intervención “tendo en conta que, nesta vía, se incrementou o tráfico xa que é un dos accesos que se utilizan para achegarse ata o HULA”. De feito, a intensidade por esta estrada  multiplicouse por sete trala entrada en funcionamento do centro sanitario, ao pasar dunha media de 650 vehículos diarios a 4.500.

Os populares tamén alertan da necesaria limpeza do cauce que está invadido pola maleza. Ameijide explicou que o abandono que presenta o cauce provoca malos olores en verán e crecidas no inverno que provocan inundacións arrastrando o pavimento dos sendeiros.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo