O GMPP denuncia que os equipos de comunicación da policía local están infrautilizados por problemas de cobertura

O GMPP quere que o goberno local complete o plan de mellora tecnolóxica da policía local “prometido xa desde hai anos, e suxire a implantación de novos sistemas “que repercutirían na mellora de comunicacións entre os axentes e que posibilitarían, tamén, a mellora na seguridade dos cidadáns”.

O edil popular Enrique Rozas, pide que se desenvolva o proxecto técnico de rede de comunicación con tecnoloxía dixital, “que o concello de Lugo ten desde fai case un ano e polo que pagou 3.000”. O concelleiro matizou que neste documento desenvólvese toda a tecnoloxía necesaria “para optimizar o funcionamento do servizo, garantindo o tempo de resposta en caso de incidencias”.

proxecto que ten o Concello contempla a localización, en distintas zonas do termo municipal de Lugo, das antenas e repetidores necesarios para unha cobertura que posibilite o funcionamento correcto dos radioteléfonos dos axentes, así como as unidades móbiles destacadas tanto nos coches policiais como en motos.

Enrique Rozas puntualizou que “esta nova infraestrutura incluiría ademais da subministración de equipos, a súa posta en marcha, a súa programación e a central para a transcrición de datos un sistema de xeolocalización”. O edil popular pide axilidade para implantar este novo sistema “xa que non é a primeira vez que os axentes non reciben a información, en tempo real, de incidentes que ocorren na súa contorna máis próxima”.

Para levar adiante este Plan de mellora tecnolóxica, os populares anuncian que pedirán que nos orzamentos de 2016 se inclúa a cantidade suficiente para a adquisición destes equipos indicando que “poderiámolos comprar mediante leasing, tal e como se fai xa coa adquisición de vehículos policiais”. Enrique Rozas afirmou que “hai 24.000 euros consignados con cargo aos remanentes de 2013 pactados entre PP e PSOE lamentando que non se investiron aínda nin un só euro.

O edil popular avanzou que habería que “orzamentar para o próximo exercicio outros 216.000 euros para completar todo o programa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo