O Goberno Central pon en marcha a segunda fase do polígono do Morelle en Sarria

A Alcaldesa socialista de Sarria, Pilar López Yáñez, informou hoxe que “por fin, a súa localidade contará con chan industrial para que se instalen novas empresas no noso Concello”. Fixo estas declaracións tras a reunión que mantivo en Madrid co Director Xeral do Sepes (Entidad Pública Empresarial de Suelo), Alejandro Soler Mur, na que se anunciaron as datas para a licitación dos terreos e das obras de urbanización da segunda fase do polígono industrial do Morelle. Este encontro enmárcase no traballo conxunto do grupo municipal socialista de Sarria e dos compañeiros de Fomento para transformar os 240.000 metros cadrados do polígono en chan industrial.

López Yáñez explicou que “dende hai moito tempo Sarria ten unha necesidade real de chan industrial. Por este motivo, cando chegamos ao goberno, unha das nosas prioridades foi sacar adiante a segunda fase do proxecto do Morelle que levaba parado dende o ano 2013. Durante estes 3 anos trasladamos ao Goberno de Rajoy o noso interese por contar con chan industrial e a única contestación que recibimos era que estaban redactando o proxecto”.

“Co cambio no Executivo do Estado esta dinámica cambiou. Mantivemos varias reunións cos nosos compañeiros de Fomento e trala visitar de varios técnicos do Sepes a Sarria para coñecer in situ a situación do polígono, redactaron o proxecto definitivo que tiña paralizado o PP. Hoxe podemos dicir que Sarria contará co tan desexado chan industrial, amosando o compromiso dos socialistas por atender as reclamacións dos sarriáns. Isto permitirá que novas empresas se implanten no noso Concello, xerando novos postos de traballo e impulsando a economía de toda a Comarca”, explicou a alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com