O Goberno da Deputación mellora con preto de 300.000 euros a estrada que une A Fonsagrada coa Pontenova

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado da Área de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, e o Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, supervisaron os traballos de mellora dun treito de 11 quilómetros da estrada LU-P- 1904, que une o Concello da Fonsagrada co da Pontenova. O Goberno da Deputación inviste nestes traballos preto de 300.000 euros.

Os traballos de mellora nesta estrada abranguen desde o quilómetro 16 ata o 27 co asfaltado con aglomerado en quente dun treito de 4 quilómetros, co pintado nun treito de 11 quilómetros e coa limpeza de cunetas.  Campos Conde e Martínez Núñez explicaron que esta obra beneficia directamente aos máis de 6.000 veciños destes dous concellos rurais.

Ademais de mellorar a comunicación viaria entreas dúas comarcas, o Presidente da Deputación lembrou que “co pintado e co novo firme mellórase a seguridade nunha zona pola que circulan moitos veciños e que está moi afectada pola néboa”.

Por outro lado, Manuel Martínez incide que estes traballos de mellora “se enmarcan na política do Goberno da Deputación para atender a rede viaria da provincia, que é unha das extensas de España con 4.300 quilómetros. Nesa política estamos e o esforzo que facemos estase a ver nas estradas”.

Con esta obra dáse resposta a unha demanda de todo o tecido asociativo, veciñal e empresarial destes Concellos, que clamaban por unha estrada fiable e segura. Hai que remarcar que este vial é moi utilizado por todo o sector da transformación da madeira destas zonas, actividades cunha intensa actividade económica.

Por último, o Presidente reclámalle á Xunta de Galicia que arranxe o treito de 5 quilómetros da estrada LU-741, que impide a finalización dos traballos de mellora desde a saída da Pontenova.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com