O Goberno da Deputación presenta axudas de 900.000 euros para asociacións culturais e deportivas

O Goberno da Deputación ten listas as axudas de concorrencia competitiva das áreas de Cultura e Deporte, dotadas dun total de 900.000 euros e dirixidas a asociacións, clubs e agrupacións deportivas de toda a provincia. O obxectivo do Executivo Provincial é aprobar en Xunta de Goberno canto antes estas dúas programacións de subvencións polo que convocou para mañá mesmo unha comisión política, na que tamén participarán os técnicos, na que presentará ás bases totalmente renovadas que deseñou para unha concesión destas axudas máis xusta.

Para elo, o Goberno da Deputación elaborou unhas bases, que inclúen novidades como as seguintes e entre outras:

Prímase a dispersión territorial e de poboación para beneficiar, por exemplo, aos colectivos de localidade máis pequenas.

Poténciase a igualdade de xénero e a integración social, valorando positivamente aos colectivos con representación feminina ou persoas con capacidades diferentes.

Prémiase o esforzo competitivo, tendo en conta os resultados ou ascensos deportivos.

Outras das novidades importantes é que se ofrece un anticipo do 90% da subvención, o que permitirá inxectar de xeito inmediato na provincia 810.000 euros. Ademais, increméntase a contía mínima a recibir, que pasa dos 300 aos 700 euros no caso das axudas deportivas.

As axudas deportivas contan con 500.000 euros para financiar actividades competitivas federadas; a organización de eventos deportivos puntuais; e actividades deportivos con carácter permanente. As subvencións de cultura están dotadas con 400.000 euros para actividades anuais e eventos culturais de carácter puntual.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com