O Goberno da Deputación promociona o Ribadeo Indiano con 6.000 euros

O Deputado de Goberno Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e a e Concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo, Ana Mª Martínez, presentaron este venres na Deputación, a programación do IV Ribadeo Indiano que se celebrará dende o 7 ata o 9 de xullo nesta vila. O Goberno da Deputación colabora con esta iniciativa con 6.000 euros, sendo a unica administración, xunto co Concello, que financia este evento.

Álvaro Santos remarcou a aposta do Goberno da Deputación por promover o turismo na provincia. “A achega económica que realiza o organismo provincial a esta cita turística que xa está consolidada, é un investimento real e directo para promocionar toda a mariña lucense. Nesta edición comprobamos, no extenso programa, que está moi especializada, por iso cada ano atrae a máis visitantes”.

Fernando Suárez quixo convidar  a todos os visitantes a ver a transformación de toda a vila de Ribadeo, e na que se poderá revivir a recreación dun recuncho de Cuba, Uruguai ou de Arxentina ou de calquera dos destinos que tivo a emigración de finais do S.XIX. Lembrou ademais a importancia deste evento turístico que na pasada edición tivo unha repercusión económica de 3 millóns de euros, e na que hai unha implicación absoluta de todos os veciños e de todos comerciantes da vila.

“Este Ribadeo Indiano contará con conferencias, animación teatral, representación músico poética, festival de habaneras, actuacións musicais, mercado de produtos ultramar, visitas a casas indianas, taller de baile, xogos populares, xincana, pasarrúas, billarda, son un total de 40 actividades da que poderán desfrutar os visitantes”, explicou Ana María.

Para reservar calquera das actividades programadas con prazas limitadas, pode facerse no teléfono 982 128 689, no correo turismo@ribadeo.org ou na oficina de turismo de Ribadeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com