" />

O Goberno de Lugo renova o lousado de Radio Taxi

O Tenente Alcalde xunto co edil de Infraestruturas Urbanas visitaron as instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa, onde o Goberno de Lugo está a renovar o lousado da edificación. O vicealcalde explicou que “con esta intervención seguimos avanzando na renovación  da imaxe das infraestruturas municipais da contorna do parque de Frigsa ao mesmo tempo que melloramos a calidade das instalacións do servizo municipal de taxis”.

O Tenente de alcalde explicou que “desde a concellería de Infraestruturas realizamos nestes anos unha serie de intervencións destinadas a mellorar as instalacións da contorna de frigsa”, e destacou ”a renovación do exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha actuación executada durante o 2020 que foi moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa e que durante o 2021 permitiu realizar unha gran cantidade de actividades no exterior do auditorio”.

O Tenente Alcalde lembrou que se están a executar os traballos de instalación de novo alumeado público na zona exterior do museo. Arroxo explicou que “continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo”.

Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias LED, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de alumeado público de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo