O Goberno local presenta os resultados do estudo de tráfico realziado na Ronda da Muralla

Membros do Goberno local veñen de presentar as conclusións resultantes do estudo de mobilidade iniciado no mes de setembro, cando se realizaron medicións de fluxo de tráfico na instersección entre a Ronda da Muralla e a Avenida da Coruña. O tenente de alcalde indicou que ” este estudo analizou as necesidades ao respecto da mobilidade na zona, ademais das vantaxes e desvantaxes das actuacións que o propio estudo propón”.

O goberno deixou claro que “actualmente estamos a analizar todas as posibilidades a desenvolver na zona para avanzar de cara á total peonalización do centro da cidade”, e engadiu que “temos o obxectivo político claro, mais agora debemos traballar tendo en conta todas as posíbeis solucións e actuacións a desenvolver”.

“Os resultados do estudo avalían positivamente a creación dunha rotonda neste espazo, adaptando as infraestruturas existentes a esta nova distribución do tráfico”, aclaran dende o goberno, “dno futuro permitiría, no momento no que se avance de cara á peonalización do casco histórico, o acceso ao aparcadoiro da praza de Ferrol por San Fernando”. Ademais, segundo indicou Rubén Arroxo, “facilitaría tamén a transición de cara a unha futura unidireccionalidade da Avenida da Coruña”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com