" />

O Goberno Municipal leva a un Pleno Extraordinario telemático o Plan Reanima Lugo

O Concello de Lugo celebrará o seu primeiro Pleno Extraordinario de carácter telemático este xoves, ás 17:00 horas. Unha sesión á que o Goberno de Lara Méndez levará, para a súa aprobación, o remanente de 5 millóns de euros correspondentes ao Plan Reanima Lugo. Así llo comunicaba a alcaldesa, esta mesma mañá, aos grupos políticos daCorporación aos que convocou nunha xuntanza de portavoces. Este Pleno pode efectuarse unha vez que o Goberno central aprobou unha modificación da Lei reguladora das Bases de Réxime Local para facilitar que se poidan celebrar as reunións de órganos colexiados, coma esta, de forma telemática.

Lara Méndez tamén avanzou aos voceiros que o BOP publicará mañá, martes, día 14 de marzo, as bases do Plan Reanima, que inxectará, a través de axudas directas, estes 5 millóns de euros a autónomos, microempresas, pemes e familias co fin de aportarlles liquidez para que poidan facer fronte aos gastos e intentar protexer os postos de traballo, paliando así os danos económicos da pandemia.

Con esta publicación no BOP, o mércores abrirá o prazo para presentar as solicitudes. Para facilitarlles as consultas ás persoas interesadas, o Concello activará tamén esa mesma xornada dúas canles de comunicación exclusivas ao efecto, que son as seguintes: Teléfono de contacto para información relativa ao soporte da Sede Electrónica e para as axudas do Plan Reanima: 900.270.900. Correo: reanimalugo@lugo.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo