" />

O Goberno propón a sindicatos convocar 32 prazas da Oferta Pública de Emprego

O Concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, presentou hoxe na Mesa Xeral de Negociación, composta por Goberno e organizacións sindicais, a súa proposta para a Oferta Pública de Emprego (OPE) deste ano, que consiste na convocatoria de 32 prazas, 23 de acceso libre e 9 de promoción interna. Agora, os sindicatos estudarán a
iniciativa e en setembro o Goberno volverá a convocalos a unha nova reunión para aprobala, se procede nesa xuntanza, ou recibir e analizar posibles achegas.

Para poder presentar unha proposta de OPE, o Goberno esperou á aprobación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado deste 2018, que se produciu o 4 de xullo, pois nela recóllese a taxa de reposición de efectivos permitida, máis ampla que a existente. As premisas nas que se basea a oferta de emprego, segundo explicou Piñeiro, son, “ademais do cumprimento de obrigas legais, responder ás necesidades máis urxentes detectadas nos servizos municipais, garantir as cadeas de mando nas distintas unidades e mellorar os servizos que se prestan á cidadanía”.

Esta OPE permitirá reforzar os servizos municipais, “que se viron moi mermados nos últimos anos polas imposicións do Goberno do Estado, pero tamén crear emprego na cidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo