" />

O Goberno provincial convoca un pleno extraordinario este xoves para intentar aprobar os orzamentos da Deputación

O presidende da Deputación de Lugo, Darío Campos, convocou un pleno extraordinario este xoves ás doce e media para intentar aprobar de xeito definitivo os orzamentos do ente provincial para o ano 2016.

Así o confirmaron fontes do Goberno provincial a Xornal de Lugo. As mesmas fontes non quixeron dar máis datos acerca das negociacións entre o goberno bipartito e o Partido Popular para intentar sacar adiante as contas públicas.

Os orzamentos da Deputación do ano 2016 foron retirados o mes pasado no transcurso da sesión plenaria na que se debatían as alegacións ás contas públicas. O presidente da Deputación entendeu que a aprobación dunha alegación do deputado non adscrito Manuel Martínez conlevaba a retirada inmediata retirada do texto.

Pola súa banda, o Partido Popular presentara daquela no rexistro do ente provincial a petición de convocatoria dun pleno extraordinario co fin de aprobar o texto inicial dos orzamentos coas alegacións dos populares e de Manuel Martínez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo