O Grupo Municipal do Partido Popular propón mellorar a información dos buses urbanos para facelos máis competitivos

O voceiro popular Jaime Castiñeira propuxo esta mañá en rolda de prensa ao goberno local, un plan de mellora da información dos buses urbanos, co obxectivo de facelos máis competitivos e sostibles.

En primeiro lugar, os populares suxiren a creación dunha APP para móbiles, que ofreza información en tempo real sobre horarios de chegada dos autobuses, percorridos ou incidencias, entre outros datos.
Escoitámolo:


O voceiro popular tamén se referiu aos datos coñecidos onte do Índice de Transparencia Internacional, que sitúan á cidade de Lugo entre as 20 menos transparentes de toda España.
Castiñeira de novo:

Doutra banda Castiñeira, acusou ao goberno municipal de desinterese, ante a falla de promoción do barrio da Ponte.
Castiñeira explicou que esta é unha zona que conta con recursos naturais e patrimoniais de primeira, e afirmou que o goberno local que é capaz de promocionar os atractivos do barrio, como por exemplo o Camiño Primitivo, que pasa polo barrio, as termas romanas, ou o rio Miño, uns elementos, segundo dixo o popular, que xunto coa Muralla, son imprescindibles para poner en valor a cidade.

Doutra banda, José Manuel Barreiro, presidente do PP de Lugo e voceiro dos populares no Senado, afirmou nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá, que “as pensións dos lucenses gañaron poder adquisitivo dende que goberna o PP.
Fixoo acompañado polos deputados nacionais e senadores do Partido Popular, e insistiu en que en 2014 as pensións subiron, malia que os prezos baixaron.
O presidente provincial manifestou que Mariano Rajoy conseguiu garantir que máis de nove millóns de pensionistas, cobraran e cobren mes a mes as súas pensións, ademáis de incrementarse a pensión media de xubilación un 3,54%.
Citou aquí o Fondo de Reserva creado polo PP, que segundo afirmou Barreiro, utilizarase para apoiar aos pensionistas sempre que sexa necesario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com