" />

O Grupo Municipal do Partido Popular propón que se habilite unha autorización semestral para as terrazas

O Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha iniciativa para que se estude a posibilidade de que os hostaleiros de Lugo podan sacar autorizacións de seis meses para colocar terrazas en vía pública.

O concelleiro popular Ángel Trabada indicou que neste momento os hosteleiros de Lugo só poden obter dous tipos de licenza por ocupación de espacio público: a da temporada de verán, que vai de xullo a setembro, e a licencia anual.

A xuizo dos populares “o máis lóxico sería incorporar á Ordenanza de aproveitamentos especiais da vía pública un novo tramo de seis meses xa que, neste momento, ou tes a terraza aberta todo o ano, ou só tres meses”.

O edil do Partido Popular explicou que esta tarifa intermedia “é unha vella demanda do colectivo matizando que é absurdo que se obrigue a un hostaleiro a pagar a opción anual de 59,64 m2 por prolongar 1 mes máis as terrazas fronte aos 29,80 m2 € que o concello lles cobra por trimestre”.

Ángel Trabada explicou que este é o caso de numerosos hostaleiros lucenses que queren abrir terrazas en verán e que tamén están interesados en prolongar a súa montaxe ata o San Froilán”.

O edil popular destacou que ata o ano 2007 existía un criterio diferente para abrir terrazas en vía pública “ establecíase un prezo para cada unha das cinco categorías de rúas onde se instalasen e ademais os hostaleiros pagaban por cada mes de ocupación”.

@jaimecastineira

Escoitámolo:

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo