" />

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama a reparación da Calzada das Gándaras

O concelleiro popular Ángel Trabada reclamou hoxe ao goberno municipal a reparación da Calzada das Gándaras, cuxo pavimento resultou moi deteriorado tras as obras de construción do anel hídrico.

Tal como explica o edil popular, “o goberno local non lle reclamou a empresa que devolvera esta rúa ao seu estado orixinal, sen os blandones e fochas que presenta unha vez foi executada dita intervención”.

Trabada insta os socialistas, a esixirlle a firma adxudicataria que acondicione esta rúa, debido ao mal estado en que se encontra, especialmente no carril dereito en sentido de entrada á cidade.
O popular indicou que a situación de deterioración chega a tal punto, que obriga aos vehículos a circular polo carril contrario, para evitar danos nos vehículos.

Escoitamos a Ángel Trabada:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo