" />

O Grupo Reyco de Foz fai a proba do Covid-19 aos 170 traballadores da súa plantilla

A empresa de transportes Grupo Reyco, que ten a súa sede principal en Foz, está facendo a proba do Covid-19 a toda a súa plantilla, formada por 170 traballadores que se reparten en varios departamentos situados no polígono industrial de Fazouro e nas delegacións de Valencia e Irún.

A xerencia da empresa explica que “xa se realizaron as probas ás 40 persoas que traballan na oficina de Foz e a gran parte dos condutores, que a van facendo a medida que pasan pola base da empresa, cando regresan das súas viaxes”. A flota de Grupo Reyco está formada por 140 camións.

Os responsables da firma engaden que “isto realizámolo como medida preventiva e de control da seguridade sanitaria dos nosos empregados e dos clientes cos que mantemos contacto persoal. O noso sector pola súa natureza está moi exposto”. Tamén destacaron que “todas as persoas que fixeron a proba deron resultado negativo, o cal exerce un efecto tranquilizador en toda a plantilla e é un claro síntoma de que as medidas de prevención que se están a tomar dende a empresa dan resultado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo