O I Campionato de Futbolín Concello do Incio celebrarse o 15 de febreiro

O Concello do Incio vén de abrir o prazo de inscrición para anotarse no I Campionato de Futbolín Concello do Incio que se vai celebrar no pavillón da localidade o vindeiro 15 de febreiro. O torneo de futbolín traerá á localidade a xogadores amadores e de gran nivel de toda España. Van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais.

As categorías serán primeira, segunda, terceira e locais e haberá premios en metálico, trofeos, medallas e cestas de produtos. Tamén haberá categoría de elite.

As dúas parellas gañadoras do torneo celebrado o pasado 29 de decembro no Incio conseguiron como premio a inscrición gratuíta no I Campionato de Futbolín Concello do Incio. A inscrición para o campionato xa está aberta, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración de Lucus Recreativos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com