" />

O IES Virxe dos Ollos Grandes gaña o V Concurso Lucus Intercentros

O IES Virxe dos Ollos Grandes gañou o V Concurso Lucus Intercentros, certame no que participaron alumnos de primeiro curso de Bacharelato dos sete institutos públicos da capital. Mais de medio centenar de persoas seguiron en directo do concurso retransmitido por bolseiros e técnicos da Fundación TIC, dende o IES Muralla Romana

Os seguintes clasificados foron o IES Xoán Montes, no segundo posto; IES  Lucus Augusti, no terceiro e IES Leiras Pulpeiro, no cuarto. Anxes Fole, Muralla Romana e San Xillao recibiron cadanseu accésit.

Na entrega de premios participou o Deputado de Innovación e TICs, Pablo Rivera.  Coma agasallo, os  tres primeiros equipos recibiron unha tableta para cada un dos membros; o cuarto uns altofalantes, e os accésit unha batería portátil.

O equipo de bolseiros e técnicos da TIC utilizou catro cámaras para o streaming, difundido nas web da TIC e do IES Muralla Romana.

Formato dixital

O concurso de formato dixital desenvolveuse, ao longo da mañá, en fases eliminatorias. Os sete equipos, formados por tres alumnos, recibiron e deron resposta ás preguntas de cultura xeral tipo test, a través de ordenadores.

Con esta iniciativa, os alumnos do ciclo de Administración e Xestión do IES Muralla Romana, coa achega do departamento de Informática, poñen en práctica o currículo de Asistencia á Dirección na organización de eventos e actos públicos

A  Fundación TIC colabora co IES Muralla Romana na difusión do Lucus Intercentros, dende a súa primeira edición, no ano 2012. A achega é froito do convenio que ambas entidades manteñen para completar a formación práctica dos alumnos da EIS, e promover as ensinanzas que imparte o instituto lucense. Posteriormente, os estudantes da EIS editarán un DVD coas imaxes gravadas durante o streaming, que se entregará  aos centros educativos da capital co fin de divulgar o certame educativo.

No V Lucus Intercentros, ademais da TIC, colaboraron a Escola de Arte e Superior de Deseño” Ramón Falcón”, e o CIFP Politécnico de Lugo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo