" />

O Incio explicará aos veciños, porta a porta, o uso dos contedores de recollida selectiva

O Concello do Incio inicia esta semana unha campaña informativa “porta a porta” para explicarlle aos veciños e veciñas o uso correcto dos contedores para a recollida selectiva. Ao mesmo tempo, o Goberno local levará a cabo a distribución de contedores amarelos por todo o Concello para optimizar e favorecer a separación de residuos.

A recollida selectiva define o proceso de separación dos residuos sólidos urbanos e o seu depósito en diferentes contedores para que sexan recollidos e posteriormente reciclados.

Na visita ás vivendas o Concello do Incio fará entrega de material informativo no que se recomenda o reciclado e se dan indicacións sobre cómo facelo. Así, todos os veciños e veciñas disporán dun manual para reciclar os envases no que se lles explica o tipo de envase que debe depositarse en cada un dos colectores, así como unha serie de consellos e suxestións para “separar ben e reciclar mellor”.

Tamén difundirá estes consellos e recomendacións a través das redes sociais do Concello. O principal obxectivo deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos e que os envases se recollan selectivamente para que teñan a xestión final máis axeitada.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, explica que “temos que intentar que pouco a pouco a separación en orixe sexa un hábito en calquera actividade cotiá”. Para levar a cabo a campaña o Concello do Incio conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Ecoembes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo