O INSULTO de Ziad Doueiri gañou a 40 edición da SICA en Lugo

A 40 edición da Semana Internacional  de Cine de Autor que se veu celebrando a semana pasada en Lugo rematou onte coa concesións dos premios. A que acadou máis puntos do público foi para O INSULTO de Ziad Doueiri que obtivo 2.93 puntos. Seguíronlle en puntuación: TODALAS MULLERES QUE COÑEZO (2,74 puntos),  BAJO LA PIEL DEL LOBO (2,34 puntos), EL VIAJE DE SUS VIDAS (1,98 puntos) e PRINCESITA (1,84 puntos).

Premio do Público á Mellor película Documental:

A VIAXE DE RUTH (Galicia, 2018) de Jaime Pardo Valdés e Xosé Reigosa.

Premio do Público á Mellor película galega:

NOVE DE NOVEMBRO (España, 2017), de Lázaro Louzao.

Premio do Público á Mellor Curtametraxe galega:

AMANECE DESPEJADO (Galicia, 2018), de María Vázquez e Bruno Máez.

Premio do Público á Mellor Curtametraxe:

NOCHE DE REYES (España, 2018), de Javier Gimeno.

A organización e o xurado da 40 SICA (Semana Internacional de Cine de Autor) decidiron conceder  cadansúa MENCION ESPECIAL, polo seu especial tratatamento ao cine,  e aos temas e persoas que tratan, ás seguintes películas:  O TEMPO NA LUPARIA, de Plácido Romero; MATRIA, de Álvaro Gago; THE REBEL, de Oscar Doviso; MADRE Y MAESTRA, de Caamaño Castro e Serafín R. Trashorras; ESCARABANA, de Sara Casasnovas; VÉRTICE DE VERSOS, de Carlos Lorenzo; AMPARO 54, de María Dobli; SILENCIO, de Miguel Juan Pujadas; EUGENIO, de Xavier Baig e Jordi Rovira; EL PRECIO DE LA RISA, de Gabriel Lechón Cuello; MARTA NO VIENE A CENAR, de Macarena Astorga; ASI QUE PASEN CIEN AÑOS, de Dioni Torres e Javier Luque; EN EL NOMBRE DEL PADRE, de Christian Iván Castillo Ramos; LA PRIMAVERA CAMBOYANA, de Chris Nelly; DHOGS, de Andrés Goteira; SABANDA, de Víctor Calero; HURTO, de Gerónimo García Castela; EL ATRACO, de Alfonso Diaz; EL ASADO, de Ignacio Guggiari; MADRE, de Rodrigo Sorogoyen; TURNO DE NOCHE, de Víctor Vasollete e NO SOY ÉL, de Xoan Bregua.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com