O IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación da Deputación arrancou hoxe no Museo Provincial

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou esta mañá na primeira xornada do IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación, unha iniciativa da Deputación que ofrece experiencias e reflexións sobre a cuestión de xéneros e a educación e na que participaron medio cento de persoas, no Museo Provincial de Lugo.

Nesta cita participaron representantes de diferentes asociacións e iniciativas sociais en xéneros, activismo, emigración, persoas con capacidades diferentes, maltrato, transxéneros e educación que afondaron na visibilización e diversidade do tecido social.

A seguinte das xornadas terá lugar mañá sábado no Pazo de Tor, un encontro orientado á aprendizaxe colectiva sobre as teorías de xénero, o activismo político, a ciencia xurídica ou as novas tecnoloxías, entre outras.

O 31 de marzo realizarase a terceira xornada no Museo San Paio de Narla no cal os xéneros dos museos, a exhibición e a investigación son os eixos principais deste encontro.

O peche do Congreso será o 1 de abril no Museo Provincial do Mar onde se homenaxeará á artista viveirense, Maruja Mallo, a que, a Real Academia Galega de Belas Artes, lle dedica o Día das Artes Galegas.

Nesta última cita aproveitarase a sesión para coñecer, máis en profundidade, o proxecto de colaboración entre o Museo Thyssen e a Rede Museística Provincial de Lugo: NÓS+OUTRAS en Rede.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com