O IV Curso Primaveira Segura abre o prazo de inscrición o luns 13 de abril

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, presentaron esta mañá a cuarta edición do curso de educación vial Primaveira Segura que se impartirá entre o 4 e o 29 de de maio no Parque Infantil de Tráfico.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos, previa inscrición no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) entre as 09:30 e as 14:00 horas. As instancias para facer a inscrición tamén poden obterse a través da web do Concello de Lugo, www.lugo.es.

O prazo para facer as inscricións abrirase o luns 13 e pecharase o xoves 23 de abril. Os cursos serán en horario de 17:00 a 19:30 horas e a inscrición é gratuíta.

O día 28 de abril sairá publicada a lista de admitidos e os horarios no Taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na web do Concello e na Xefatura Provincial de Tráfico.

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz salientou que estes cursos teñen como obxectivo que “os nenos e nenas adquiran condutas seguras como peóns e viaxeiros.

Pola súa banda, a Xefa Provincial de Tráfico sinalou que a educación dos nenos e as nenas é fundamental para traballar na seguridade vial e indicou que “a seguridade vial non só é a aprendizaxe de normas e sinais, senón tamén o respecto pola vida”.

O Director do Parque Infantil de Tráfico explicou que os cursos terán unha semana de duración e impartiranse de luns a venres, en horario de tarde. Reigosa informou de que na edición do ano pasado participaron nestes cursos uns 80 nenos e nenas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com