" />

O Lugo empata ante o Girona e suma un valioso punto

Partido intenso o desta tarde no Anxo Carrro, onde os dous equipos buscaban o control do xogo e mantiñan un ritmo alto nos primeiros minutos do encontro.

O Lugo achegabase ao marco defendido por Becerra e provocaba dúas ocasións de perigo, ambalas dúas protagonizadas por Pablo Caballero. Por parte do Girona, Cristian Herrera, probaba a José Juan cun disparo raso, que salvaba o meta lucense e evitaba o primeiro tanto para o Girona.

Pese ao equilibrio no xogo, sería o Girona FC o que tomaría a dianteira no marcador, grazas a un gran tanto de Amagat que empalmaba de volea un envío directo ao córner, e lograba un disparo imposible para José Juan, que nada puido facer.

O final da primeira parte mostraba un Lugo máis atrevido, máis ofensivo, adiantando liñas e na procura do empate e era Iriome quen rozaba o tanto nun disparo a bocaxarro que desviaba a defensa do Girona.

A piques de chegar ao descanso, e tras un servizo de Pereira dende a esquerda que remataba Pablo Caballero, chegaba o gol para os de Durán.

Xa na segunda parte ambos equipos perseguían a vitora e o encontro non perdía nada de intensidade. Era o gardameta do Girona, Becerra, quen se convertía no gran protagonista con grandes paradas a remates de Iriome e Pereira. O Lugo mandaba no xogo, con máis iniciativa e lograba as ocasións máis claras, pero malia todos os intentos o partido chegou ao final con empate no marcador (1-1); un bo resultado para os de Durán que suman un novo punto na clasificación e que prácticamente sentencian a súa permanencia na Liga Adelante.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo