O Lugo perde ante o Elche por 2-0

O Club Deportivo Lugo comezou o encontro mostrando unha clara superioridade no dominio do balón e avanzando sobre o campo contrario con habilidade, aínda que sin acerto ante a meta de Jimenez. Tanto Caballero como Ferreiro buscaban o tanto con sendos remates claros e obrigando ao Elche a empregarse a fondo. pero a pesares do gran xogo que estaban mostrando os de Durán e xa na recta final da primeira parte, era Sergio León, que tras errar un penalti, por man involuntaria de Lemos, batía a José Juan e poñía o 1-0 no marcador.

A segunda metade arrincaba co Elche presionando e achegándose a portería de José Juan buscando un novo tanto, mentres que o Lugo intentaba buscar o control inicial e era Iriome quen ía rozar o tanto cun remate de cabeza ao segundo pao, que unha vez máis salvaba Jimenez para o Elche. Sin embargo e pese ao bo xogo do Lugo, no minuto 65 era Cristaldo quen colaba unha parábola imposible de parar para José Juan, e que subía o segundo ao marcador para o locais.

O Lugo non se rendeu e intentou recortar distancias, máis pese ao esforzo, o partido concluiría coa derrota do Lugo por 2-0.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com