" />

O mal estado da LU-654 entre A Pobra e O Hospital do Incio, no Parlamento Galego

O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia. O asfalto da estrada está moi deteriorado, afectando a comunicación dunha decena de parroquias e 750 habitantes.

O goberno da Pobra do Brollón e o grupo parlamentario do BNG presentaron ó Parlamento de Galicia unha proposición para instar á Xunta de Galicia a axilizar o asfaltado de dita estrada.

“A LU-653 é unha vía fundamental para a comunicación das persoas e a vertebración socioeconómica do noso concello”, afirma o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. “É de vital importancia actuar xa para mellorar o seu estado porque está próximo a intransitable”, apuntou.

A deputada parlamentaria Carme Aira, nunha visita á Pobra do Brollón, engadiu que o mal estado da estrada é “un perigo para a seguridade viaria’ que ‘esixe unha resolución inmediata”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo