O masterterra da Politécnica de Lugo oferta prácticas relacionadas coa xestión territorial

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, a traveso do máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, oferta ao alumnado que curse esta disciplina prácticas en empresas e organismos relacionados coa organización territorial.

Así o anunciou este martes o coordinador desta materia, David Miranda, na inauguración da mesma, e na que estivo acompañado do vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno; da vicepresidenta segunda da Deputación, Mar Teijeiro; e do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro.

Tal e como subliñou Miranda, trátase da primeira vez que o máster incorpora esta modalidade, e faino, indicou, “co fin de facilitar a introducción do alumnado no mercado laboral”; cuestión que para os docentes é algo indispensable. “O noso fin último é que os nosos estudantes acaden a formación necesaria e que logo atopen un posto de traballo”, afirmou o coordinador.

Para elo, a organización levará a cabo un convenio de colaboración entre os alumnos e as entidades e empresas interesadas, “pero, sempre, tutelado polos docentes da Escola e do máster e o persoal investigador”, precisou o profesor titular da USC.

Durante a súa intervención, David Miranda tamén explicou que a innovación nesta materia, aplicada ao mundo laboral, é outro dos eixos centrais do máster. O mellor alumno será premiado cun contrato laboral no propio grupo de investigación. Este terá unha duración de seis meses; período nos que o seleccionado/a estará tutelado polo Laboratorio do Territorio (LaboraTE).

Esta entidade conta con máis de 20 anos de experiencia e recoñecido prestixio no mundo da I+D+I, aplicada á xestión territorial. Está asociada á Escola Politécnica Superior de Lugo e polo tanto, é tamén colaboradora co máster que foi inaugurado hoxe e que se desenvolve no IBADER.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com