" />

O Ministerio arranca a fase de experimentación en campo de dous prototipos antinéboa da A8

O Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana arranca hoxe a fase de experimentación con dous prototipos antinéboa instalados na A8 ao seu paso polo Fiouco. Asemade, avanzan dende o Ministerio que todos os prototipos de solucións innovadoras fronte á néboa estarán nesta fase de experimentación en campo con eventos reais de néboa este verán.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, indicou que estes sistemas probarán a dispersar á néboa un deles mediante aspersores e o outro cunha combinación de barreiras estáticas e dinámicas que empregan dispositivos fluído-mecánicos.

A subdelegada indicou que comeza a experimentación de dous sistemas que actúan para dispersar a néboa, un deles mediante aspersores e o outro un sistema que combina barreiras estáticas e dinámicas que empregan dispositivos fluídos-mecánicos.  E o Ministerio ten previsto ter en probas para o verán, tamén, os 2 prototipos pendentes.

Rodríguez sinalou que esta fase experimental desenvolverase nun treito situado carón da autovía, onde tamén están en estudo xa  outros dous prototipos, estes de axuda á condución.

O investimento que está a facer o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ascende a 5,64 millóns de euros e a DXT adxudicou en case 900.000 euros a instalación de novas balizas que permitirán diminuír de 40 a 30 metros a distancia de visibilidade na que se corta o tráfico, co que se prevé gañar un 75% de efectividade da autovía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo